Home Noticias Federación INTEGRACIÓN CULTURAL E INMIGRACIÓN
INTEGRACIÓN CULTURAL E INMIGRACIÓN PDF Imprimir E-mail
Noticias - Federación
Escrito por Administrator   
Jueves, 06 de Noviembre de 2008 18:18

Estimados compañeiros e compañeiras:

O progresivo aumento dos movementos migratorios disparou as manifestacións de rexeitamento ao diferente, con actitudes racistas e xenófobas cada vez máis numerosas. Na actualidade aparece unha íntima relación entre as novas formas de racismo e o fenómeno da inmigración. A educación ten un labor importante que desenvolver potenciando o diálogo entre culturas, contribuíndo a derrubar muros levantados pola ignorancia, a incomprension e unha actitude altamente insolidaria.

Esta Federación está a desenvolver un traballo de sensibilización social reforzando a educación intercultural desde un enfoque integrador e para iso estamos a organizar unha Xornada na que se tentará dar unha visión real da situación actual e as experiencias que se están realizando para que a diversidade étnica e cultural sexa altamente enriquecedora para toda a comunidade. Para iso contamos coa colaboración de:

 

Mª José Jiménez Cortiñas, Traballadora social no Concello de Alcalá de Henares.

Lourdes Suárez Sánchez, Traballadora social no Concello de Arteixo

Mª del Mar Lorenzo Moledo, Catedrática de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

O programa (salvo modificacións de última hora) será como segue:

Data: 29 de novembro de 2008

Lugar: Hotel NH Atántico da Coruña

Horario: De 9,30 a 14,30

Finalizada a Xornada reunirémonos a comer, comida que será a cargo desta Federación. Poden asistir todas as persoas que estean interesadas para iso debedes enviar antes do 24 de novembro a folla de inscrición que achegamos.

Un saúdo.




Asdo.:
Virgilio Gantes Gómez

Presidente
A Coruña, 3 de novembro de 2008

Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
Tienes que estar logueado para escribir un comentario. Puedes registrate si no tienes ya una cuenta creada.

busy
Actualizado ( Jueves, 06 de Noviembre de 2008 23:26 )
 

Últimos Comentarios