|
Opinión da federación provincial de apas de centros públicos da coruña sobre as “bases para a elaboracion do decreto de plurilingüismo no ensino non universitario de galicia” |
|
|
|
|
Noticias -
Federación
|
|
Escrito por Administrator
|
|
Martes, 19 de Enero de 2010 09:23 |
|
A lingua nunca ha de ser un arma política. O coñecemento das linguas e moito máis cando se trata da propia, non discrimina a quen a utiliza, senón que lle enriquece.
Todos os cidadáns teñen o dereito de coñecer a súa lingua, todas as linguas, e o dereito a usalas. Para que isto sexa posible debe establecerse unha lexislación xusta, equitativa e con criterios igualitarios que partan dos estamentos lexislativos.
Non pode recaer sobre as familias a decisión en materia lingüística, nin pode deixarse ao criterio do alumno a lingua de preferencia á hora de manifestarse nas probas orais e escritas.
Tampouco debe ser competencia de cada Consello Escolar a decisión de que materia se impartirá e en que idioma xa que, por unha banda, as familias están en minoría respecto dos diferentes sectores representados e a elección de cada centro non garantiría unha educación sen desigualdade social entre linguas.
As familias só son unha pequena parte da sociedade e non lles corresponde decidir sobre o futuro da ordenanza educativa. Son os cidadáns quen elixen aos seus gobernantes e é a estes a quen lles corresponde lexislar.
A normativa ha de establecela as autoridades educativas coa participación de profesionais, a consulta ao Consello Escolar de Galicia (como órgano de representación de toda a comunidade educativa) e o consenso do Parlamento Galego.
O ensino trilingüe debe empezar en educación infantil, xa que é a idade na que máis facilidade teñen os alumnos para aprender idiomas e debe reforzarse ao longo de todo o ensino obrigatorio, acompañado de dotacións económicas suficientes para o seu total desenvolvemento.
 |
|
Última actualización el Martes, 19 de Enero de 2010 09:46 |